domingo, junho 06, 2010

Negritudes


« Tres décadas depois do golpe do xeneral Robles Godoy, por poñer un exemplo máis próximo, un funcionario galego escribía as respostas que unha comisaria europea debía dar a unha entrevista enviada por fax por unha revista española (na edicíon incluíanse fotos da comisaria, como que estava falando) e unha funcionaria bretoa redactaba o artigo de opinión que a mesma comisaria presentaba baixo a sua firma a un importante xornal madrileño.

Ninguén diría que a benquerida comisaria (tan idolatrada en toda a opinión pública) tiña « negros » ao seu servizo, pois aí se considera que é como deben actuar os funcionarios cos seus superiores, escribíndolles os discursos, os artigos, as entrevistas pactadas, respondendo a preguntas parlamentarias e fornecéndoos de argumentos fronte a eventuais preguntas nunha rolda de prensa ou un comité parlamentario.

Ou é que aínda hai quen pense que os directores xerais, os conselleiros e o celebradísimo Rei das Españas escriben todo ou parte do que asinan ? O dos « negros » na Administración pública é cousa de todos os días e socialmente asumida como norma. »

(continua)

In « Cartas Marcadas » de Xavier Queipo (Editorial Galaxia, 2010)

Sem comentários:

Enviar um comentário