domingo, junho 13, 2010
Negritudes (2)
(continuação)
« …………….
O dos « negros » na universidade xa sabemos que existe, e que lexións de bolseiros e axudantes repiten mil e unha veces próbas e medicións, lecturas e mostraxes para maior gloria e loor do funcionario xefe de departamento, para que viaxe a ben lonxe presentar eses datos nun congreso ou para que persista na súa cátedra malia a súa ausencia de tempo para producir traballos científicos. ( Detéñome aquí para non botar sal nas feridas.)
O dos « negros » na literatura ou noutras artes é algo que todos sabemos que existe, pero que ninguén se atreve a dar nomes e apelidos. Algúns porque non os sabemos, e outros - os que os saben- porque afortunadamente aínda é considerado un desprestixio que alguén escriba unha novela para que o famoso poña a firma e consiga así unha ganancia millonaria. Mais non hai que se enganar, se non lle poñemos un remedio ético a sociedade avanzará – avanza xa – cara a esa mentira total. »
In « Cartas Marcadas » de Xavier Queipo (Editorial Galaxia 2010)
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário